#17 Saquiños de filo e polo

DSC00624

Traballar coa pasta filo é un pouco engorroso pero permítenos facer algúns pratos que con outras masas (hoxaldre ou masa quebrada) non terían o mesmo resultado.

Ingredientes (para 4 saquiños):

  • 4 láminas de pasta filo
  • 1 peituga de polo pequena
  • 250 gr de salsa de tomate caseira
  • 1 ceboleta pequena
  • 75 gr. de manteiga
  • Un pouco de parmesano relado
  • Un pouco de mozzarela fresca para decorar
  • Un pouco de xamón para picar e decorar.

Preparacion:

Comezamos co recheo. Poñemos unha tixola ó lume cun pouco de aceite e doramos a peituga de polo cortada a coitelo nun tamaño algo máis pequeno que de bocado. Cando estea dorada, retiramos, reservamos e pochamos no mesmo aceite a ceboleta a lume medio. A continuación, incorporamos a peituga cociñada e a salsa de tomate. Deixamos cociñar todo o conxunto a lume medio ata que reduza case toda a salsa (o que buscamos é que nos quede unha mistura algo espesa coa menor cantidade de líquido posible). Unha vez conseguido, retiramos do lume e reservamos.

Continuamos cos saquiños de filo. Prequentamos o forno a 180º Extendemos unha lámina de filo e pintamos coa manteiga que previamente derretimos. Cortamos a lámina en 4 e superpoñemos os cadrados sen facer coincidir as puntas. Máis ou menos así:

DSC00620

Unha vez montado precisaremos unha bandexa de madalenas, a poder ser metálica. Colocamos a masa nun dos ocos para as madalenas presionando con coidado para que a masa colla a forma do molde pero que non rompa. Repetimos esta operación 4 veces, unha por cada saquiño. Metemos no forno uns tres ou catro minutos ata que a masa quede dourada, con moito ollo porque se fai moi rápido.

Deixamos enfriar un pouco e desmoldamos con moito coidado xa que son moi fráxiles e rompen enseguida. Quentamos na tixola o recheo, espolvoreamos co parmesano e enchemos os saquiños decorando cun pouco de mozzarela desmigada e de xamón picado.

Bo proveito!

P.D. Podemos acompañar cunha salada.

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s