#16 Crema de chicharos

DSC00478

Chegou o frío de golpe e pode que nos colla a contrapé nas nosas comidas e ceas. Así que, hai que declarar oficialmente inaugurada a tempada de cremas con esta de chicharos, que vai acompañada de xamón e parmesano.

Ingredientes: (2-3 racións)

  • 200 gr de chicharos
  • 1 pataca mediana
  • 1 porro pequeno
  • 1 litro de caldo de carne ou de verduras
  • 4 liscas de xamón
  • 20 ou 30 gr de parmesano relado

Preparacion:

Poñemos a quentar un pouco de AOVE nunha pota, picamos o porro e poñemolo a pochar a lume baixo para que non se queime. Unha vez pochado, incorporamos a pataca, pelada e cortada, e os chicharos. Subimos a lume medio e deixamos que se cociñe todo un par de minutos. Incorporamos o caldo e deixamos cocer ata que a pataca estea ben feita.

Mentres se cociña a crema relamos o queixo e torramos o xamón. Para isto último, prequentamos o forno a 180ºC e poñemos o xamón nunha folla de papel de forno, dobramos sobre sí mesma de xeito que o xamón quede tapado e  dobramos tamén os bordes para que faga como un paquete. Introducimos no forno durante 2 ou 3 minutos. Non máis porque se queimaría. Reservamos.

Retiramos un par de cazos do caldo da coccion. Trituramos o resto coa batedora ata que quede todo homoxéneo. Se vedes que queda demasiado espeso, alixeiradeo co caldo sobrante. Unha vez triturado hai que poñelo a ferver e xa está listo.

Emplatamos e decoramos co xamón esmigallado e co queixo relado.

Bo proveito!!

Truco: Un chorriño de leite evaporado cando xa esta todo pasado pola batedora dalle máis cremosidade.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s