#15 Croquetas de xamón e polo

DSC00607

Croquetas. A miúdo maltratadas dentro do concepto da “fritanga” aínda que poden ser deliciosas e completas. Deixámosvos esta adaptación das famosas croquetas “Echaurren”.

Ingredientes:

  • 1 litro de leite
  • 6 culleradas sopeiras de fariña
  • 50 gr. de manteiga
  • 100 gr. de xamón serrano
  • 1 peituga de polo pequena
  • mostaza antiga
  • azucre moreno
  • 1 ovo cocido
  • un pouco de caldo de carne
  • pan relado, ovos e fariña para rebozar

Preparación:

O primeiro de todo é preparar a peituga. Adobámola cunha pouca mostaza, un chisco de sal e o azucre moreno. Deixámolo repousar un par de horas e facémolo ó  forno a 180º uns quince minutos, mais ou menos.

Nunha pota ampla poñemos un chisco de aceite e a manteiga a lume medio, unha vez derretida incorporamos os 100 gr de xamón ben picado, deixamos cociñar e incorporamos a fariña. Cando estea lixeiramente tostada imos incorporando o leite . O mellor para evitar os grumos é facelo en tres veces, e dicir, botamos 1/3 do leite e remexemos ata que se incorpore ben coa fariña, botamos outro terzo, remexemos ben e rematamos co que nos queda do leite.

A continuación, picamos moi ben a peituga (o mais que poidamos a coitelo) e incorporamos, picamos tamén o ovo cocido, engadímolo e deixamos cociñar ben, ata que vexamos que a masa ten consistencia.

Incorporamos un par de culleradas do caldo de carne e remexemos a bechamel ata que que non se vexa liquido, so masa.

Probamos e botamos sal, isto facémolo ó final porque o xamón é o que nos vai dar a medida necesaria.

Deixamos arrefriar nunha fonte e cando tempere tapámola con film e conservámola na neveira durante 24 horas.

Pasado ese tempo, procedemos a rebozalas, con fariña, ovo e pan relado. O tamaño das croquetas vai a vontade do consumidor pero unha boa medida é a porción sacada cunha culler.

Por último fritímolas nunha boa cantidade de AOVE.

Se non se consumen todas de vez, unha vez rebozadas pódense conxelar.

Bo proveito!!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s