#14 Bacallau a Bras

Bacallau a Bras

Un dos pratos tradicionais da outra beira do Miño que nos trouxemos da última viaxe a Porto foi o Bacallau á Bras. Dende entón facémolo moito xa que ademáis de rico, é sinxelo e rapido se tes a previsión de desalgar o bacallau.

Ingredientes:

(2 persoas)

  • 3 ovos grandes (Ou 4 normais)
  • 3 Pptacas medianas
  • 300 gr. de bacallau desmigado e desalgado
  • 1/2 cebola
  • Perexil
  • Olivas negras

Preparación:

Pochamos a cebola cortada en xuliana fina, cando colla cor incorporamos o bacallau desmigado, damos un par de voltas, probamos o punto de sal, rectificando se é preciso, e reservamos.

Na mesma tixola engadimos un pouco mais de aceite e fritimos as patacas cortadas o mais finas posible. Reservamos.

Retiramos case todo o aceite da tixola deixando só un pouco para que non se peguen os ovos. Botamos o bacallau e as patacas. Batemos os ovos e incorporámolos. Damos un par de voltas ata que o ovo se faga pero siga cremoso.

Botamos perexil por arriba e poñemos as olivas. Bo Proveito!!

 

PD: Para desalgar o bacallau hai que ter en conta o tipo de corte que tedes. Se é lombo gordo, seran 48h cambiandolle a auga cada 8. Se é fino, 36h cambiandolle a auga cada 8. E se son migas con 24h serán abondo, cambiandolle a auga un par de veces.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s