#13 Tarta de queixo

DSC00338

Despóis dunhas merecidas vacacións de Pascua, volvemos á carga cunha receita doce. Esta vez tócalle o turno a unha tarta de queixo moi doada pero que non poderemos parar de comer.

Ingredientes:

  • 6 ovos
  • 1 tarrina de queixo crema (estilo philadelpia)
  • 1 iogur natural
  • 1 vaso e medio de azúcre (medido co vaso de iogur)
  • 1 vaso de leite (medido co vaso de iogur)
  • 1 vaso e medio de tona líquida (medida co vaso de iogur)

Preparación:

Misturamos moi ben todos os ingredientes e vertémolos nunha bandexa cuberta con papel de forno, esto é moi importante xa que se non a tarta pegarásenos á bandexa seguro.

Prequentamos o forno a 200ºC e, unha vez que colla a temperatura, metemos a tarta durante 35 – 40 minutos máis ou menos. Cando pasen ó redor de 20 ou 25 minutos, é recomendable poñerlle papel de aluminio por riba para que non se nos queime a capa maís superficial.

Bo proveito!!

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s