#12 Pescada con patacas e ameixas

Pescada con patacas e salsa de viño branco

Unha receita básica na que cada casa ten o seu toque persoal e nos tamén quixemos darlle o noso.

Ingredientes (Para dúas persoas):

  • 2 lombos de pescada
  • 2 patacas
  • 250 Gr de ameixas
  • 1 vaso de viño branco
  • 1 vaso de caldo de peixe (ver aqui)
  • 1 cebolleta
  • 1 dente de allo
  • 1 cullerada sopeira colmada de fariña
  • 1 cullerada rasa de pan relado (groso)
  • 1 pouquiño de curry
  • 10 ou 12 abelás

Preparación:

Poñemos a quentar unha tixola cun pouco de aceite de oliva, incorporamos as ameixas, mollamos cun cuarto do vaso de viño branco, tapamos e deixamos que abran. Reservamos as ameixas, colamos o liquido que soltan e incorporamos o caldo de peixe.

Pasamos pola trituradora a fariña, o pan relado, as abelás e o petisco de curry. Salpementamos a pescada e rebozamos no triturado. Douramos nunha tarteira cun pouco de aceite. Reservamos.

No mesmo aceite pochamos a cebolleta ben picada e o allo a lume medio-baixo. Cando estea pochada incorporamos a mistura que nos sobrou de enfariñar o peixe e subimos o lume. Dámoslle unhas voltas. Incorporamos o vaso de viño branco e deixamos reducir. É moi importante que reduza ben para que evapore o alcol. Incorporamos o caldo de peixe (ver aqui), as patacas troceadas e baixamos a lume medio. Tapamos e deixamos cociñar dez minutos. Pasado este tempo incorporamos os lombos de pescada e a carne das ameixas (deixaremos catro ou cinco con cuncha para decorar o servir). Cociñamos tapado cinco minutos e deixamos repousar fora do lume outros cinco.

Bo proveito!!

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s