#11 Congrio con patacas e langostinos

Congrio con patacas e langostinos

O congrio é un peixe de carne branca, moi saboroso, e que ten un prezo bastante asequible no mercado. Cando compramos os ingredientes para esta receita estaba a 4,90€ o quilo, así que nestes tempos é algo a ter en conta.

 

Ingredientes (Para 2 persoas):

  • 1/2 quilo de congrio
  • 2 ou 3 patacas (depende do tamaño)
  • 6 langostinos
  • 2 allos
  • 2 ñoras
  • 20-30 abelás
  • 2 rebandas de pan
  • 1 vaso de viño branco
  • 1 litro de caldo de peixe (ver aquí)
  • Aceite de oliva, sal e pementa negra

Preparación:

Aínda que leva bastantes ingredientes é un prato sinxelo e moi agradecido. Nunha media hora o podes ter listo.

O primeiro é hidratar as ñoras, limpas de pepitas, nun bol con auga quente durante media hora mais ou menos. Pelamos as patacas e troceamos en trozos de bocado. Reservamos.

Nunha pota de tamaño adecuado poñemos un par de culleradas de aceite a quentar. Mentres tanto pelamos os allos e os partimos en catro, facendo o mesmo coas rebandas de pan. Salteamos os allos, as ñoras, o pan e incorporamos as abelás, cociñamos a lume medio alto ata que os allos e o pan collan unha cor dourada. Retiramos a un vaso da batidora, incorporamos o vaso de viño e trituramos ben.

Incorporamos as patacas a pota, salgamos e cubrimos co caldo de peixe (ver aquí) e co triturado anterior. Tapamos e subimos o lume. Cando ferva baixamos a lume medio e deixamos cocer, tapado, durante quince minutos ou ata que as patacas estean tenras.

Mentres cocen as patacas chégalle o quenda o peixe. O congrio non é difícil de limpar. Ten unha espiña central e hai que quitarlle a pel pero se non vos atrevedes pedide na peixería que vos quiten os lombos. Troceamos en pedazos grades. Uns oito ou dez. Salpementamos.

Cando as patacas estean feitas, probamos o caldo e rectificamos de sal se o precisa. Incorporamos o peixe e os langostinos e deixamos repousar tapado e co lume apagado cinco minutos. Tanto o congrio como os langostinos cociñaranse coa calor residual.

Bo Proveito!!

 

PD: Se tedes un pouco de perexil fresco, picadeo ben e incorporádeo xusto antes de servir.

PD: Se vos sobra caldo non o tiredes. Aguanta un par de días na neveira. Para empregalo de novo, levantádelle un fervor, incorporádelle unhas fabas ou uns garavanzos cocidos e un pouco de bacallau desmigado. Éxito seguro.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s