#9 Caldo de Carne

Caldo de carne

Seguimos coa liña de básicos na cociña e un caldo de carne non podía faltar. Atoparedes moitas receitas pola rede e en libros de cociña. Unhas empregarán uns ingredientes, outras outros, e practicamente todas son boas. A de hoxe só é unha posibilidade mais. En marcha.

Ingredientes:

  • 2 cenorias
  • 1 cebolleta
  • 2 osos de tenreira
  • perexil
  • 1 ou 2 osos de xamón

Preparación:

Poñemos tódolos ingredientes nunha pota fonda e cubrimos ben de auga. Cando rompa a ferver baixamos o lume a medio baixo e deixamos cocer tapado durante media hora. Pasado este tempo retiramos os ingredientes e con axuda dun colador filtramos o liquido e poñémolo noutra pota. Así conseguimos que quede libre de restos ou impurezas.

Observaredes que non lle botamos nada de sal pero iso é porque leva o xamón e se a botamos ó principio podemos estropear o caldo. Probádeo e se o precisa rectificade ó gusto.

 

Bo proveito

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s