#8 Caldo de peixe

Caldo de peixe

Un básico. Pode parecer sinxelo, de feito o é, pero nunca está de máis deixalo por escrito. Cando empezas a cociñar e precisas un básico deste estilo sempre é de agradecer atopar a receita correspondente. Neste caso empregamos congrio pero unhas espiñas de pescada e a súa cabeza tamén irian ben. O congrio é un peixe cunha carne moi rica e suave pero a cola ten moita espiña, por iso a empregamos para caldo. Alá imos

 

Ingredientes:

  • 2 cenorias
  • 1 porro
  • sal
  • 16/18 bolas de pementa negra
  • 2 litros de auga
  • 1 cola de congrio (podédeslle engandir tamén a cabeza)

Preparación:

Tal é como dicíamos na introdución, a receita non pode ser máis sinxela. Nunha pota fonda colocamos tódolos ingredientes, cubrimos de auga e poñemos a lume forte para que rompa a ferver. Unha vez que empeza, baixamoslle o lume a medio-baixo e deixamos cocer tapado durante media hora.

Pasado este tempo, retiramos a pota do lume e deixamos enfriar. Cunha espumadeira retiramos os ingredientes e con axuda dun colador filtramos o liquido a outra pota para que o caldo quede completamente limpo. sen impurezas. E xa está listo para empregar noutras receitas ou para conxelar e telo de reserva.

Bo proveito!!

Advertisements

3 thoughts on “#8 Caldo de peixe

  1. Pingback: #10 Arroz con luras e berberechos | Cazolear.com

  2. Pingback: #11 Congrio con patacas e langostinos | Cazolear.com

  3. Pingback: #12 Pescada con patacas e ameixas | Cazolear.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s