#10 Arroz con luras e berberechos

Arroz con luras

Sinxelo, saboroso, moi presentable e non sae caro. Un arroz con produtos do mar é un éxito seguro. Negámonos rotundamente a chamarlle paella porque iso é outra cousa, igual de rica, pero diferente. Nós o noso que é este arroz con luras e berberechos. Imos.

Ingredientes (Para dúas persoas) :

  • 250 gr de arroz
  • 1 lura grande
  • 1 quilo de berberchos
  • 1 vaso de viño branco
  • 1 tomate grande e maduro
  • 1/2 cebolleta
  • 1 allo
  • 1 cullerada pequena de pementón doce
  • Azafrán
  • 1 litro de caldo de peixe (ver aqui)

Preparación:

Primeiro de todo poñemos a ferver o caldo de peixe (ver aqui) cun pouco de azafrán e reservamos quente. Abrimos os berberechos ó vapor. Isto non ten ciencia, nunha tixola ampla e moi quente botamos os berberechos, engadimos o vaso de viño, tapamos e deixamos que abran. Reservamos fora do lume.

Nunha tarteira baixa e ampla quentamos un par de culleradas sopeiras de aceite de oliva, picamos a cebolleta moi fina e incorporamos, picamos o allo moi fino e tamén incorporamos. Baixamos a lume baixo e deixamos que vaia pochando. Mentres tanto imos separando a carne dos berberechos das cáscaras e limpamos moi ben a lura (se non sabedes pedideo na peixería). Cortamos en rodas finas e reservamos.

Cando a cebolleta está ben pochada subimos o lume a medio alto, incorporamos o tomate picado e salpementamos. É moi importante deixar que se faga ben o tomate porque vai soltar moito liquido e vaille moi ben que se consuma todo o posible. Cando o tomate estea ben cociñado botámoslle o pementón, remexemos e incorporamos a lura deixando que se cociñe un pouco, que vaia quedando tenra. Rectificamos de sal se o precisa e cando colla unha cor branca incorporamos o arroz e damos unhas voltas. É o momento de incorporar o caldo. O dobre máis un que a medida de arroz. É dicir, se os 250 gramos de arroz son unha cunca botaremos tres cuncas de caldo (o dobre máis un). Isto é moi importante que o midades. Nos ingredientes indicamos 1 litro de caldo pero é para que nos quede un pouco de marxe por se se consume de máis na cocción.

Cando empece a ferver baixamos o lume a medio e deixamos cociñar durante quince ou vinte minutos. Non remexades moito o arroz, únicamente vixiade que non quede seco antes de tempo. Unha vez que o arroz está case feito incorporade a carne dos berberechos retirade a tarteira do lume e deixade repousar tapado durante cinco minutos antes de levar á mesa.

 

Bo proveito!!

 

PD: Cando compredes os berberechos fixádevos ben no etiquetado. É tan importante a localización da depuradora como a zona de extraccion do marisco.

PD: As luras teñen que ir moi, moi limpas. Se non sabedes non teñades vergoña de pedir que volas limpen e aproveitade para fixarvos e aprender. Xa sabedes….#fainotimesmo.

 

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s