#7 Estofado de Chocolate

Estofado de chocolate

Sinxela, disitinta e deliciosa. Esta receita, miña nai faciaa só con coello pero pódese facer con calquer tipo de carne porque a base é a mesma. O único que facemos distinto dela é porlle a guindilla. O resultado é sorprendente.

Ingredientes (4 persoas):

  • 1 quilo de agulla de tenreira
  • 2 cebolletas
  • 2 allos
  • 1 punta de guindilla
  • 1 litro de caldo (ver aqui)
  • 75 gr de chocolate
  • 4 patacas
  • 1 ou 2 follas de loureiro
  • 100 gr de fariña
  • 50 gr de pan relado groso
  • Aceite de oliva, sal, pementa negra e noz moscada

Preparación:

O primeiro é preparar a carne, se non estades afeitos que vola prepare o carniceiro, cortámola para estofado en tacos duns 2 ou 3 cm.

Misturamos nun bol a fariña e o pan relado. Botamos un pouco de pementa negra e de noz moscada e misturamos. Incorporamos a carne e enfariñamola ben.

Nunha pota alta e ampla poñemos unha base de aceite e imos pasando a carne os poucos. Non queremos que se faga de todo se non que colla unha costra rápida así que ten que ir a lume alto. Reservamos a carne e separamos a pota do lume para que temple o aceite.

Picamos a cebolleta en xuliana fina e incorporamos a lume medio baixo xunto coa punta de guindilla. Picamos os allos moi finos e incorporamos. Salpementamos e deixamos que se vai facendo ata que colla unha cor marrón. Retiramos a guindilla, subimos o lume e incorporamos a carne (con todolos xugos que solte), o loureiro e cubrimos co caldo (ver receita aqui). Cando empece a ferver tapamos, baixamos o lume a medio baixo (tirando a baixo mellor), e deixamos cociñar durante hora e cuarto aproximadamente (que faga chup chup). A carne ten que quedar tenra. Pinchadea cunha puntilla para comprobalo.

Pasado este tempo retiramos a pota do lume. Observaredes que o caldo reduciu, consecuencia da cocción, e espesou, consecuencia da fariña que levaba a carne. Incorporamos o chocolate e misturamos pouco a pouco ata que quede completamente desfeito.

IMPORTANTE: Se podedes facer todo isto a véspera o prato agradeceo moito.

Cando o vaides comer poñedeo a quentar a lume baixo. Cortade as patacas en tacos pequenos e fritideas ben, que queden douradas e cruxientes. Xusto antes de levar á mesa incorporade as patacas fritas ó estofado. Servir moi quente.

Bo proveito!!

 

PD: Nós empregamos carne de tenreira pero calquera tipo de carne de calidade vaille ben a esta receita. O esencial é que, sexa cal sexa, a pasedes pola fariña e lle cociñedes esa costra da que falábamos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s