#6 Patacas recheas de mascarpone e verduras

DSC00270

Esta receita leva o seu tempo pero está boisima. Xa sexa para tomar como prato único, cunha salada por exemplo, ou como entrante dun menú mais amplo.

Ingredientes (2 persoas):

  • 2 patacas grandes
  • 1 cebolleta
  • 1/2 pemento verde
  • 1/2 pemento vermello
  • 150 gr de queixo mascarpone
  • 2 dentes de allo
  • 15 – 20 grans de pementa negra
  • Unha cullerada de café de albahaca
  • Unha cullerada de café de tomiño
  • 4 culleradas sopeiras de viño branco
  • 4 culleradas sopeiras de aceite de oliva

Preparación:

O primeiro é preparar o adobo para asar as patacas. Metemos nunha picadora os allos, a pementa, sal, o aceite e o viño. Trituramos e reservamos.

DSC00256Acendemos o forno a 180º para prequentalo. Lavamos as patacas ben, xa que as imos cociñar con pel e todo, pringámolas co adobo e envolvémolas en papel de prata.

Metémolas no forno e deixamos facer durante unha hora e cuarto.

Mentres se van facendo as patacas, picamos ben a cebolleta en brunoise moi fina (isto é, en cadradiños), e tamén os pementos. Poñémolos a pochar nunha tixola con aceite, salpementamos e cando estean ben feitos reservamos nun bol amplo.

Cando as patacas estean feitas sacamoas do forno e deixámolas temperar. Cortámolas pola metade. E agora é cando empeza a parte delicada. As patacas asadas quedan moi, moi suaves e poden romper doadamente. Cunha puntilla marcamos por onde imos baleirar a pataca tendo ollo de deixar unha especie de borde. Collemos unha culler ou un sacabolas e pouco a pouco imos retirando a carne da pataca e meténdoa no bol das verduras.

Unha vez rematado todo iso incorporamos o mascarpone e  traballamos ben ata que tódolos ingredientes forman unha masa homoxénea. Agora só hai que reencher os corpos das patacas e meter a gratinar no forno ata que queden douradas.

Bo proveito!!

CONSELLO: Se podedes reservade un pouco da mistura de pataca e mascarpone para empregalo como base na presentación das patacas. Asi evitaredes que se vos movan na fonte.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s