#4 Magdalenas

Magdalenas

Supoño que é a receita de magdalenas máis copiada da historia pero e que é perfecta!, como non, o seu autor é Xabier Barriga.

Ingredientes:

  • 125 gr. de ovo
  • 175 gr. de azúcre
  • 60 ml de leite
  • 190 ml de aceite de xirasol
  • 210 gr. de fariña
  • 5 gr. de fermento químico
  • Un chisco de sal
  • Raiadura de un limón
  • Canela en pó ó gusto.

Preparación:

Co batedor eléctrico batemos os ovos co azúcre ata que se integren ben. Mesturamos o leite co aceite e incorporámolo, batendo a marcha lenta.

Aparte, mesturamos a fariña coa raiadura de limón, a canela, o sal e o fermento químico. Engadimos á mestura anterior.

Unha vez teñanamos unha masa homoxénea batémola coa marcha rápida 2 ou 3 minutos. Tapamos á masa cun pano e deixámola repousar na neveira durante 1 hora como mínimo (podemos deixala dun día para outro).

Prequetamos o forno a 250º C. Enchemos as cápsulas para madalenas tres cuartas partes e forneamos a 210 º entre 14 e 16 minutos.

Antes de fornear podemos espolvoreálas cun pouco de azúcre.

Quitamolas do forno e, pasados uns 5 minutos, poñemolas a enfriar nunha rexa.

TRUCO: é moi importante manter as proporcións da receita, eu normalmente uso 2 ovos, e dependendo do que pesen, fago as proporcións para o restos dos ingredientes.

Bo proveito!

Advertisements

2 thoughts on “#4 Magdalenas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s