#3 Croquetas de Mar

Croquetas

Xa hai tempo que están nas tendas os produtos de Portomuiños pero nunca os mercamos. Hai un par de semanas foi o Forum Gastronomico na Coruña e vimos que moitos cociñeiros empregaban algas en pratos de mar asi que decidimonos a probar. Gran acerto, e mais nas croquetas (que nos chiflan).

Unhas boas croquetas son laboriosas. Hai que traballalas e facelas con calma asi que, cando vos poñades, facedeoo con tempo. Nos polo xeral facemos bastantes porque conxelamos e tamén repartimos a pais, irmans…….ainda asi aqui imosvos dar cantidades para un litro. Imos.

Ingredientes:

  • 1 litro de leite
  • 400 Gr de gambas peladas
  • 150 Gr de fariña
  • 75 Gr de manteiga
  • 20 Gr de ovas de ourizo (produto Portomuiños)
  • 10 Gr de alga Kombu (produto Portomuiños)
  • 3 ovos
  • 2 dentes de allo e unha punta de guindilla
  • Aceite, fariña e pan relado.

Preparacion:

Poñemos nun bol as algas a hidratar con auga. Poñemos unha tixola a lume baixo cunha boa cantidade de aceite e incorporamos os dous dentes de allo cortados en catro e a guindilla picada. Deixamos que se vaia facendo a lume baixo para que o aceite vaia collendo sabor. Mentres tanto imos picando e limpando as gambas, quitandolle o intestino se é preciso. Cando as teñamos picadas subimoslle o lume a tixola e incorporamos as gambas, salamos e deixamos que se fagan un minuto. Reservamos as gambas por un lado e os allos e a guindilla por outro. O aceite cambiamolo a unha pota de tamaño adecuado para que colla comodamente o litro de leite.

Collemos o vaso da batidora e metemos as algas, as ovas de ourizo, os allos e a guindilla. Mollamos cun pouco da auga de hidratar as algas e trituramos ata que quede unha pasta. Reservamos.

Poñemos a pota co aceite o lume e incorporamos a manteiga (lume medio). Cando se derrita a manteiga incorporamos a fariña tamizada e a pasta de algas. Deixamos que se cociñe ben. Cando vexamos que a fariña xa colleu cor imos incorporando o leite. O mellor, para evitar grumos, é facelo en catro veces. Ou sexa, incorporamos un cuarto do leite, traballamos a mistura, incorporamos o seguinte….asi ata botar o litro de leite. É o momento de incorporar as gambas picadas, rectificamos de sal e traballamos a masa a lume medio-baixo remexendo a modo cunhas varillas durante dez ou quince minutos.

Botamos a masa nunha fonte e deixamos que se enfrie completamente. Unha vez está totalmente fria (observaremos que a textura da masa solidificou moito) xa podemos traballar con ela.

Enfariñado       O rebozado é de fariña, ovo e pan relado nesa orde. O sistema xa….cada un ten o seu. Coas croquetas nos enfariñamos unha superficie de traballo cortamos unha tira da  masa e a enfariñamos como na foto, cortamola no tamaño das croquetas, as metemos nun bol cos ovos batidos e de ai a outro co pan relado. E asi pouco a pouco ata rematar a masa.

Se tedes tempo, o mellor é deixalas repousar xa rebozadas, na neveira. Axudalle a que o rebozado quede mais firme e non se desprenda o fritir.

Se non as ides consumir todas no momento metedeas nunha bandexa no conxelador. Que queden separadas. Asi despois, cando endurecen, as podedes

Croquetas 2meter en bolsas sen que se queden pegadas.

Se as acompañades dunha salada…..exito seguro.

Bo proveito!!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s