#2 Galletas de manteiga

Galletas de manteiga

Despóis de probar bastantes receitas de galletas, polo de agora esta é a nosa favorita, vímola no blogue de webos fritos. De todas formas, non nos rendimos e seguimos probando receitas novas, xa contaremos os resultados.

Ingredientes:

  • 150 gr. de manteiga
  • 100 gr de azúcre
  • 1 ovo
  • 250 gr de fariña
  • 1 culleradiña de esencia de vainilla

Preparación:

Abrandamos a manteiga no microondas uns segundos e misturamos co azúcre, engadimos o ovo e a esencia de vainilla removendo ben.

A continuación engadimos a metade da fariña ata que se integre de todo e logo a outra metade pero a partir de aquí xa coas mans. Traballamos ben a masa ata que non se nos pegue.

Unha vez lista, envolvémola en film e deixamola reposar no frigorifico durante 1 hora. Pasado eses tempo estiramos a masa cun rodiño, e cortámola cun cortapastas. Se non dispoñemos deste utensilio podemos usar un vaso, por exemplo.

Forramos unha bandexa con papel de forno e imos colocando as galletas con coidado. Prequentamos o forno a 180º e forneámolas durante 15 minutos. Estarán listas cando teñan unha cor dourada e despeguen con facilidade do papel.

TRUCO: A masa pode conxelarse sen ningún problema, cando as queiramos preparar simplemente temos que quitala do conxelador e metela na neveira duranta unhas horas.

Bo proveito

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s