#1 Crema de Coliflor con xamón e parmesano

DSC00175

Ingredientes para catro persoas:

  • 1 coliflor de 500Gr (Aprox)
  • 1 pataca mediana
  • 1 porro
  • 1 litro de caldo de polo
  • leite evaporada
  • 4 liscas de xamón serrano
  • parmesano relado

Preparacion:

Poñemos unha pota o lume cun pouco de aceite de oliva. Mentres se quenta limpamos o porro e picamolo. Incorporamos, salpementamos e deixamos que poche (lume medio-baixo). Mentres tanto pelamos a pataca e limpamos a coliflor, troceamos en varios pedazos e incorporamos. Subimos o lume, damos unhas voltas e incorporamos o caldo. Deixamos que coza ata que a pataca estea tenra.

Mentres coce o conxunto imos preparando o acompañamento. O queixo non ten ciencia ningunha, collemos unha peza de parmesano, relamos unha cantidade o gusto e reservamos. Para o xamón prequentamos o forno e poñemos as liscas de xamón nunha bandexa envoltas nun papel de forno. Metémolas no forno durante cinco minutos, sacámolas e deixamos temperar. Troceamos coa man e reservamos.

Coa coliflor xa cocida, separamos a pota do lume, metemoslle a batidora e traballamos ata que quede fina, sen grumos. Se vedes que polo que sexa non vos queda fina pasadea por un pasapurés pero non deberiades necesitalo. Incorporamos un chorriño de leite evaporada e volvemos a poñela o lume a que ferva.

Para presentar poñemos un par de cazos por prato e acompañamos co xamón e o queixo.

Bo proveito!!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s